O noso querido coordinador dos Clubs de Lectura das Bibliotecas Municipais de Redondela , Jerónimo Pomares, envíanos unhas palabriñas para despedir a actividade deste ano 2022
e recibir a do 2023:
“Se o curso dos Clubs de Lectura son unha casa, xa temos o primeiro cuarto!
Estes meses retornou a actividade deste proxecto das Bibliotecas Municipais de Redondela, coa mesma ilusión de sempre, pero, ademais, con todas as vantaxes postpandémicas: máis participantes, menos máscaras!
Comezamos o primeiro ciclo con dous libros con certo cariz histórico.
O cinematográfico, pero tamén un tanto crepuscular, El señor Wilder y yo , a revisión e homenaxe que Jonathan Coe dedica ao xenio do cinema Billy Wilder; nun relato no que hábilmente mestúranse personaxes creados con datos factuales da biografía do sete veces oscarizado director.
Coa outra novela viaxamos a París con Las vencedoras, de Laetitia Colombani. Nesta ocasión se intercalan dúas épocas históricas nas que a fortaleza das mulleres, como colectivo ou de maneira individual, ten un papel predominante.
Os libros como razón, pero tamén escusa, para reunirnos, conversar e debater sobre literatura, sociedade e o mundo.
Con todos os mellores desexos para o próximo ano, desde os clubs da biblioteca,
boas lecturas e feliz 2023!”