Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Rexistro de artistas locais - Danza

Déborah Alfaya Gottschalk

Deborah Alfaya, estuda coa súa nai Hannelore Gottschalk, ata os 15 anos, cando é bolseira en Madrid por Eva Borg, onde continua a súa formación á vez que baila no Ballet da Unicef, pasando logo a formar parte do recentemente fundado Ballet Nacional Clásico de España BNC, baixo a dirección de Victor Ullate.

Está titulada en pedagoxía da danza polo Real Conservatorio de Madrid e o Teaching Certificate da Royal Academy of Dance.

Comeza a súa traxectoria como mestra de danza en Vigo, fundando daquela as súas escolas en Redondela e Pontevedra, onde vén impartindo clases desde 1984.

Crea deste xeito a "Escuela de Danza Deborah" canle da actividade de Ballet clásico e Danza contemporánea. Difunde a súa arte en movemento dende as súas aulas de Redondela (Centro Recreativo Cultural de Redondela) e en Pontevedra.

  • Teléfono Fijo: +34 986 400 256
  • Teléfono Móvil: +34 650 733 739

O Carballo das cen Pólas

A Agrupación Folclórica O Carballo das Cen Pólas naceu no ano 1978 formado por mozos e mozas de Reboreda e vinculado á Sociedade Labrego Cultural da parroquia. Despois de varios anos sen actividade, a Asociación inicia novamente a súa andaina no ano 1993 baixo unha nova concepción de baile e música.

A Escola de baile atópase formada por bailadores e bailadoras de distintas idades, dende cativos/as ata maiores, dirixida por Luis Canal.

  • Teléfonos: 600 060 146 – 699 771 603
  • Dirección: Estrada a Pazos de Borbén, 99. 36818 Reboreda (Redondela) Pontevedra.

Compartir