Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Probas de acceso ao grao profesional

1.- Con carácter xeral, a proba de acceso ao primeiro curso do grao profesional desenvolveranse a través da modalidade non presencial, agás nos casos que, debido á tipoloxía dos instrumentos (percusión e piano) ou nas que haxa máis inscritos que prazas ofertadas, esta deba realizarse de xeito presencial por chamamento único.

2.- Para a correcta aplicación da modalidade non presencial poderanse utilizar os medios telemáticos dispoñibles a través das diferentes aplicacións ou plataformas dixitais.

3.- O prazo de inscrición para as probas de acceso ao primeiro curso do grao profesional será o abranguido entre o 5 e o 12 de xuño, ambos os dous incluı́dos.

4.- A partir do 15 de xuño, publicaranse os tribunais e a segunda parte da proba (exercicio conxunto de lectura rı́tmica e entoación).

PROBAS PRESENCIAIS
Os aspirantes acudirán ao Centro Educativo na data e hora na que sexan convocados para realización das dúas partes da proba nun único chamamento.

Constará de dúas partes:

1ª PARTE: os aspirantes interpretarán dúas obras de diferentes estilos sen repeticións, non sendo necesaria a interpretación de memoria, que no seu caso pode ser valorada. As obras que conten con compases de espera, non será preciso que o/a aspirante respete a súa duración real. Achegarase unha relación coa indicación dos movementos e autores das obras interpretadas, e un PDF das partituras acompañando o resguardo da inscrición. Os aspirantes realizarán a proba sen acompañamento instrumental.

2ª PARTE: os aspirantes realizarán un único exercicio conxunto de lectura rı́tmica e entoación e únicamente se podrán axudar dun diapasón. O exercicio publicarase o dı́a 15 de xuño.

PROBAS NON PRESENCIAIS

Os aspirantes deberán enviar ao Centro dúas gravacións de vı́deo para avaliar as dúas partes da proba. Non se poderá contar con ningún tipo de acompañamento instrumental. As gravacións que non cumpran con estas indicacións consideraranse nulas.

Constará de dúas partes:

1ª PARTE: os aspirantes interpretarán dúas obras de diferentes estilos sen repeticións, non sendo necesaria a interpretación de memoria, que no seu caso pode ser valorada. As obras que conten con compases de espera, non será preciso que o/a aspirante respete a súa duración real. Poderán realizar unha gravación distinta para cada unha das obras, pero sempre realizando unha interpretación contı́nua de cada unha delas. Xunto coas gravacións, achegarase unha relación coa indicación dos movementos e autores das obras interpretadas, e un PDF das partituras acompañando o resguardo da inscrición. Ditas gravacións non exceder un tempo máximo de 20 minutos e faranse nun formato estándar de vı́deo. O prazo de envı́o destas gravacións será dende o momento da publicación dos tribunais ata o dı́a 17 de xuño ás 23:59 horas.

2ª PARTE: os aspirantes realizarán un único exercicio conxunto de lectura rı́tmica e entoación e únicamente se podrán axudar dun diapasón. O exercicio publicarase o dı́a 15 de xuño. A gravación deberá ser nunha toma única de todo o exercicio, na que se faga unha interpretación contı́nua do mesmo. O prazo de envı́o destas gravacións será dende o momento da publicación dos tribunais ata o dı́a 17 de xuño ás 23:59 horas.

TODA A DOCUMENTACIÓN (INSCRICIÓNS, GRAVACIÓNS, ETC) ENVIARASE Á DIRECCIÓN DE CORREO: conservatorio@wpredondela.e-osca.com

A inscripción farase únicamente co impreso das taxas.

 

Compartir