Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Un día «redondo»

 Onte, 27 de setembro, foi un día gozoso, na Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela.
✏️De mañá ,»zentangleamos» con Elisabet Hillerud  e un grupo de estimulación terapéutica de AFAGA , decorando un texto poético.
No obradoiro utilizouse o método Zentangle para decorar o poema. Esta técnica crea belas imaxes e fomenta a paz interior e a concentración, desenvolvendo a creatividade e a sensibilidade artística…e non hai que ter coñecementos previos de debuxo!
 Unhas fermosas palabras no Instagram de  Zengoala  a través deste código QR
 ‍♀️De tarde, «contacontamos» con Cris De Caldas e a súa «Bibliotecaria Estrafalaria» , descubrindo que os mellores contos están na  cabeza dos maiores e, por suposto , nas bibliotecas.
Candelaria é unha bibliotecaria un tanto  estrafalaria pero é  a que máis sabe de contos sorprendentes, ás veces soña co París dos surrealistas pois namorou dun dos seus lemas «máis xogar e menos pensar». Outras, soña con ser o Alicia e levar un sombreiro tolo…
Unha brincandeira inolvidable entre libros!

 

A biblioteca realizou estas actividades grazas ao programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

Compartir