Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Un milleiro de rapaces e maiores ateigan a Alameda Castelao na xornada “Lectura na rúa”

A Alameda Castelao acolleu onte a IV edición de “Lectura na rúa”, unha actividade que xurdiu desde o CEP Santa Mariña “para fomentar a lectura compartindo a maxia dos libros e da música con toda a comunidade educativa e a veciñanza da vila”.

Esta proposta non deixou de medrar, e foron ao redor dun milleiro de persoas as que participaron na edición celebrada onte, organizada polo CEP Santa Mariña e o Concello de Redondela, coa colaboración das Bibliotecas Municipais e a ANPA Ernestina Otero. Neste acto participaron todos os centros educativos de Educación Infantil, Primaria e IES de Redondela, ademais dos 5 centros de día do municipio.

O evento contou cun intercambio de marcadores de libros, lectura compartida, desfile de contos, cancións, bailes e a actuación de “Barafunda”, que fixo as delicias de todo o público. O concelleiro de Ensino, Iván Valles, valorou a iniciativa como “todo un éxito” e agradeceu ao CEP Santa Mariña e o resto de centros a súa implicación. A alcaldesa, Digna Rivas, afirma que desde o Concello “estaremos sempre apoiando iniciativas como esta, na que a cidadanía, tanto a infancia como os maiores, son protagonistas”.

Compartir