Hoxe, recibimos a visita de «27 sorrisos» que chegaron desde o Colexio Vigo, acompañad@s polas súas profesoras, para alegrarnos a mañá e coñecer a Biblioteca Municipal de Redondela.
«27 sorrisos» que escoitaron, neste Día da Poesía e primeiro da primavera, bonitas historias da man da nosa compañeira María José.
27 alumn@s que deixaron eses sorrisos no corredor da Sala Infantil para contaxiar con eles a tod@s s que pasen por alí.
Moitas grazas pola vosa visita!