Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Pazo de Petán

O Pazo de Petán, ou de Santa Tareixa, é unha construción datada de mediados do século XVII, fundada pola familia dos Prego de Montaos, con tanta presenza na vila de Redondela.

Neste lugar viviu o frade Sarmiento de Soutomaior, xeneral da orde beneditina e bispo de Jaca e Mondoñedo. Dispón de dúas plantas e unha torre con almenara no lado dereito, con longas balconadas e amplos arcos na peza principal. No interior hai un fermoso e acolledor xardín que complementa un fermoso espazo no propio centro urbano de Redondela.

Actualmente é unha casa de propiedade privada.

Como chegar

Compartir