Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Alumnado dos colexios de Redondela celebran o Día do Teatro coas “Lambetadas” de Talíad

As actividades organizadas polo Concello de Redondela ao redor do Día Mundial do Teatro Infantil e Xuvenil remataron este mediodía coa posta en escena de “Lambetadas”. Preto de 300 nenos e nenas dos centros escolares de Redondela, Ventosela, Reboreda e Cedeira achegáronse ao auditorio da Xunqueira para asistir á obra de Talía Teatro. Con esta representación péchase un ciclo que arrancou en marzo coa obra “O porco de pé” da compañía Producións Teatrais Excéntricas para o alumnado dos institutos , e que continuou este mes coa obra “Voa, voa!” de Talía Teatro para a rapazada dos colexios Alexandre Bóveda e Igrexa no auditorio do Piñeiral de Chapela.

Con esta programación Redondela súmase tamén á festa do teatro “para poñer en valor o teatro feito en Galicia e en galego”, sinala a alcaldesa Digna Rivas. A rexedora, responsable tamén do SNL, sinala que des o goberno local pretenden favorecer “que a infancia e a mocidade teñan a oportunidade de ver obras de teatro de calidade realizadas na nosa lingua, xa que Galicia ten grandísimos referentes na literatura e na dramaturxia”, e estas tres representacións son un claro exemplo.

Compartir