Inicio » Áreas » Servizos Sociais e Benestar Social » Contacto Servizos Sociais de Redondela
Servizos sociais de Redondela
Contacta
- 986 402 608
- unisredondela@wpredondela.e-osca.com
- coordinacionservizossociais@wpredondela.e-osca.com
- traballadorasocialredondela@wpredondela.e-osca.com
- educadorasocialredondela@wpredondela.e-osca.com
- Rúa 8 de Marzo, 3. 36899 Redondela, Pontevedra.
- Laborais de 9:30 a 14:30 horas
- Atención da traballadora social: Martes e Xoves de 9:00 a 14:00 horas
- Poboación atendida: Redondela (casco urbano), O Viso, Reboreda, Cesantes e Ventosela
Familia e Infancia
Beneficios Socio-económicos:
- Prestación económica de pagamento único para fillos menores de 3 anos
Exencións/Bonificacións:
- Certificado de Familia numerosa
- Tarxeta de familia
- Subvención para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do e-Ticket social de Galicia
- Adxudicación de prazas nas escolas infantis 0-3
Programas:
- Servizo de axuda no fogar
O servizo de axuda no fogar (SAF) é un servizo público de carácter local consistente en ofrecer un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual. O SAF poderá ser prestado a calquera persoa ou unidade de convivencia para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. En particular, atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato. Tamén, como complemento ao programa de educación e apoio familiar, poderá ofrecer unha resposta preventiva, educativa e socializadora fronte a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.
- Adopción
- Familia De Acollemento
- Medidas de Medio Aberto
- Puntos De Reunión De Familia
- Mediación Familiar
Para máis información, solicitar cita previa nos Servizos Sociais Comunitarios Básicos de Redondela ou Chapela.