Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

As bibliotecas municipais colaboramos na primeira exposición de Axentes do Cambio

ImagenNoDisponible

Quenes son Axentes do Cambio? O grupo de participación da Infancia e Adolescencia de Redondela, que dende 2020 xúntanse para debater problemas e cuestións que lles atinxen como colectivo.

A finais de febreiro, trala invasión rusa a Ucrania, o grupo viuse especialmente sensibilizado co drama humano das guerras, e coa vulnerabilidade coa que a poboación civil, especialmente os nenos e as nenas, se ven envoltos e sometidos a elas. Froito desta preocupación xurdiu a idea de compartir as súas inquedanzas coa poboación de Redondela, chamando á mobilización… e que mellor xeito que facelo a través da arte e a creatividade plástica!

Comezaron facendo carteis para chamar á paz e rexeitar a violencia, mais como lles pareceu que precisaban máis apoios, convocaron tamén aos centros de ensino do municipio, dos que recibiron boa resposta. As bibliotecas públicas do concello soubemos da súa iniciativa e ofrecémonos a participar tamén. No noso caso, amosando algúns fondos escollidos das nosas coleccións nos que se denuncia o sinsentido e o dano das guerras.

A exposición titúlase «Vidas perdidas», e inaugúrase esta tarde no Multiúsos da Xunqueira. Poderedes visitala ao longo de todo o mes de xuño.

Recomendámosvos que non a perdades. Sorprenderavos ver o traballo tan marabilloso que son quen de facer os nosos nenos, nenas e adolescentes do noso concello.

Compartir