Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

As «Tardes de outono» en imaxes

«A grandeza do pequeno»

«A grandeza do pequeno» con Iseo A Moura : Unha sesión de narración oral que nos tivo encandeados ( tamén aos maiores ) todo o tempo. Había tanta verdade de vida nas historias que Iseo nos contou! Canto nos pode ensinar, por exemplo,  un caracol para avanzar pola vida lixeiros e sen abafos. E todo acompañado pola espectacular voz de Iseo (é o seu nome verdadeiro) A Moura e polas reflexións, intelixentes e sorprendentes, do noso público máis novo que interactuou con total naturalidade ao longo de toda a sesión.

-«A viaxe de Nano» con Raquel Queizás: Nano non defrauda, xa ten club de fans en Redondela. Con esta nova aventura, que quixo compartir con tod@s nós, viaxou, viaxou e viaxou e cheas de amig@s coñeceu e con eles a compartir aprendeu.

«A viaxe de Nano»

«Pés de lobo» Anxo Moure chegou coa súa bici e pandeireta para contarnos historias solidarias coa Terra e coas persoas que a habitan.

Nesta ocasión transformouse nun vello home lobo da Serra do Faro para levar as nenas e nenos da biblioteca ata o mundo da fauna e da flora dos parques naturais de Galicia, nunha aposta polo coñecemento da contorna.

Coma un imán para a rapazada enganchounos desde o inicio ata o final cos seus contos cheos de esperanza, acompañados de cancións e brincos, para construír entre todos un mundo mellor.

Quedamos encantados de coñecer a este «home lobo» todo un exemplo de vivir e contar que por pouco queda a durmir na biblioteca, pois cando a rapazada pedía máis contos el non dubidou en alongar o seu espectáculo… Unha ledicia!

«Pés de lobo»

– O derradeiro espectáculo do programa tardes de outono: contos en familia na Biblioteca Valle-Inclán, da man de Bea Campos quen contounos unha divertida versión de “A nena e os tres osos”.

Partindo dunha maleta convertida en casa gozamos das aventuras destes personaxes nunha sesión onde os máis pequenos/as e os seus pais e nais contaron con instrumentos musicais sinxelos cos que xogaron e cantaron acompañados do paxariño, e doutros moitos animais que foron descubrindo xuntos.

«A nena e os tres osos»

Compartir