Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Bibliotecas máxicas en Chapela, polo Día do Libro

ImagenNoDisponible

«A biblioteca que viaxaba no tempo» é o título do contacontos que Olga Abad achegou aos máis pequenos na Biblioteca de Chapela. Cativos de 1 a 4 anos, acompañados das súas familias, gozaron da maxia das historias e de achegarse á biblioteca para festexar o Día do Libro.

Unha actividade que realizamos grazas ao programa Ler conta Moito, promovido pola Xunta de Galicia.

Compartir