Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Café Rodeo

A Cafetería Rodeo é un lugar soñado e privilexiado para calquera momento do día. Un establecemento amplo e acolledor.

Conta cunhas vistas idílicas, e está situado en fronte á ría de Vigo e á emblemática ponte de Rande. Ofrecemos almorzos, comidas e ceas. Temos unha ampla carta estilo tapas para todos os gustos e petos e con moita atención ao produto de proximidade. Café Rodeo ten tres terrazas e cada unha delas transmite sensacións diferentes. Terraza moderna cuberta con vistas á ría de Vigo. Terraza "chillout", cunha zona cuberta e outra ao aire libre que convida a gozar desas tardes e desas noites calorosas de verán. Terraza axardinada que transmite tranquilade, paz e privacidade.

Nas terrazas organizamos festas, aniversarios, actuacións de grupos e calquera tipo de evento. Dende o interior da cafetería tamén se poden apreciar e gozar as súas marabillosas vistas.

Compartir