Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Casa da Torre

Este edificio histórico coñecido como “Casa da Torre”, que hoxe é o albergue público, destaca pola súa arquitectura e polos espazos culturais.

A Casa da Torre é un edificio de tipo señorial, de estilo renacentista, fundada no século XVI pola saga dos Prego de Montaos. Xusto enriba da porta arquexada está a confirmación en forma de escudo familiar.

A nómina de propietarios é tan ampla como os usos aos que se destinou. Por exemplo, foi a Casa do Concello até que se construíu o actual, situado na Alameda de Castelao. Pero tamén foi, por raro que pareza, un depósito de coches de aluguer e unha tenda de tabacos.

No interior existe unha biblioteca, unha sala de lecer e un espazo reservado á exposición de Sargadelos, que nos relata de maneira didáctica a historia e nos amosa varios exemplos orixinais da cerámica máis representativa de Galicia.

Compartir