As bibliotecas Municipais de Redondela súmanse á celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que ten lugar o 3 de decembro, ofrecendo un contacontos na Biblioteca Xela Arias de Chapela.
Da man da contadora e bibliotecaria Cris de Caldas ofreceremos o xoves 1 de decembro o espectáculo de narración oral Contos para entender(nos) mellor. Unha proposta para o afondamento en nós mesmos e de achegamento ás persoas do noso carón, respectando as diferencias que nos fan tan diversos pero tan semellantes ao tempo.
Xoves 1 de decembro, ás 18:30 h.
Unha proposta para nenos/as a partir de 3 anos, acompañados das súas familias.
Para participar é preciso inscribirse na biblioteca Xela Arias.
- Tlf: 986-454-226,
- Enderezo-e: bibliotecachapela@wpredondela.e-osca.com