Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Convento de Vilavella

O Convento de Vilavella, na entrada á vila de Redondela segundo se chega do Camiño Interior a Santiago, pertence á orde de San Lourenzo Xustinianeo.

Foi fundado no ano 1554. A parte que sufriu menos transformacións foi a igrexa, que se compón dunha nave rectangular dividida en cinco tramos por arcos torais, que se corresponden no exterior con outros tantos contrafortes, e no exterior da sancristía hai unha inscrición que di: “Este monasterio hizo García Prego, arcediago de Cerbeira”. Por riba leva un escudo en relevo co brasón da familia dos Prego de Montaos, tamén responsables da chamada Casa da Torre, actual albergue de peregrinos.

Como chegar

Compartir