Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Día transforma Ilustración: sesión aberta de debuxo na Biblioteca Xela Arias

Hoxe é un día de celebración para as bibliotecas. Como xa vos vimos anunciando o 30 de xaneiro se conmemora en Galicia o Día da Ilustración, en homenaxe ao nacemento de Castelao.

Ver aquí álbum de imaxes

As Bibliotecas Municipais de Redondela festexamos este día con actividades, e na Xela Arias de Chapela vimos de gozar dunha magnífica tarde de creatividade e diversión. E todo grazas á xenerosidade da ilustradora chapeleira Nusy Lo, que se prestou a compartir a súa arte coa rapazada da contorna.

Xuntos crearon a biblioteca ideal, coas historias e os personaxes literarios que máis lles gustan aos nenos e nenas da nosa veciñanza. E desenvolveron unha sesión de debuxo moi dinámica e participativa.

Pasámolo xenial. Grazas pola vosa creatividade e entrega.

Pero con quen estamos máis agradecidos é con Noa L. Lorenzo, a nosa ilustradora Nusy Lo, que encheu de vida a biblioteca e fixo gozar a nenos e adultos.
Grazas, tamén, pola súa xenerosa aportación de material de debuxo para as actividades da biblioteca.

Sen dúbida, temos uns artistas marabillosos entre a nosa veciñanza.

Compartir