Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Día das Bibliotecas 2021

ImagenNoDisponible

24 de Outubro, Día das Bibliotecas

Cada 24 de outubro celébrase o Día das BibliotecasA data conmemora a destrución da Biblioteca de Saraievo, incendiada o 1992 durante o conflito balcánico.

A Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura, a través da Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración desta efeméride.

Bibliotecas: ler, aprender, descubrir
A edición deste ano, baixo a lema «Bibliotecas: ler, aprender, descubrir» céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos.

Xanelas para ler

En esencia, as bibliotecas son unha xanela aberta á lectura. Unha lectura que vai máis aló do edificio da biblioteca, pois permiten levar a lectura alí onde estean os seus usuarios, grazas ao préstamo e agora máis que nunca aos servizos de préstamo a través de diferentes plataformas dixitais. Buscamos promover, difundir e celebrar todos estes servizos das bibliotecas que nos achegan á lectura.

Espazos onde aprender

Todas as tipoloxías de bibliotecas, públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais e rexionais constitúen espazos de aprendizaxe a todos os niveis. Ofrecen unha ampla variedade de ferramentas e servizos que buscan impulsar a aprendizaxe tanto individual como colectivo, co obxectivo de que os cidadáns poidan adquirir novos coñecementos transformadores que permitan xerar cambios no ámbito académico, profesional, persoal e de lecer.

Lugares para descubrir

Pero non só se trata da adquisición de coñecementos, senón tamén do enriquecemento persoal: abrir a mente, xerar novas ideas. É importante visibilizar as bibliotecas como lugares de descubrimento que permiten conectar con outras persoas da comunidade e co descoñecido. Para iso inclúense nas bibliotecas novos espazos, actividades e usos que lles permiten afianzarse como un servizo esencial para a cidadanía.

#DíaDasBibliotecas #LerAprenderDescubrir

Compartir