Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.
Cargando Eventos

Ciclo do cine Galego: Os días afogados

22 Xuño 2024 20:30 - 22:00

O ciclo pecharase co documental “Os días afogados”, de César Souto Vilanova e Luís Avilés. O traballo recolle a construción do encoro de Lindoso (Portugal), que en 1992 alagou para sempre as aldeas ourensás de Aceredo e Buscalque. Os seus habitantes nada puideron facer para salvar as súas terras nin os seus fogares. Sabendo que todo estaba a piques de perderse, varios veciños colleron as súas cámaras domésticas e comezaron a gravar. As súas imaxes, gravadas desde mediados dos anos 60, constitúen un valioso documento histórico e etnográfico, filtrado pola subxectividade e as vivencias familiares.

Comparte

3093184
DD
days
HH
hours
MM
min
SS
sec

Detalles

Data:
22 Xuño
Hora:
20:30 - 22:00
Custe:
2€
Categoría dos Evento:
,
Evento Etiquetas:
,

Recinto

Auditorio da Xunqueira.
Paseo da Xunqueira, s/n
Redondela,Pontevedra36800
+ Google Map
Teléfono
986 40 28 65

Compartir