Igualdade
A área da Muller e Igualdade do Concello de Redondela ten como principal obxectivo a consecución da igualdade real entre mulleres e homes de Redondela a través do desenvolvemento de actividades e servizos específicos dirixidos a toda a poboación, xa que o Departamento traballa co convencemento de que as políticas de igualdade non son excluíntes, competen a mulleres e homes.
Contacta Redondela
- 986 408 043
- igualdade@wpredondela.e-osca.com
- Rúa 8 de Marzo, 3 baixo, 36800 Redondela, Pontevedra
- 8:00 a 14:30 horas
Contacta Chapela
- 986 458 993
- igualdade@wpredondela.e-osca.com
- Avenida de Redondela, 17, 36320 Chapela, Redondela
- 8:00 a 14:30 horas
- Novas
- Axenda
- Descargas
Motivados polas áreas de igualdade e deportes os clubs aportaron lemas para responder a pregunta que dá nome a esta proposta, co fin de visibilizar a visión da nosa mocidade sobre as desigualdades presentes no deporte e lembrar, día a día, a importancia de continuar coa loita contra calquer tipo de violencia.
Os dous lemas máis votados serán instalados nos pavillóns de A Bombonera e A Marisma a vindeira semana.
Estade atent@s!!
Pódense consultar os resultados da enquisa facendo click aquí.
As concellerías de Deportes e Igualdade convidan aos clubs a propoñer un lema respondendo á pregunta “E ti, por que loitas?” dentro do contexto da igualdade e a loita contra a violencia machista no deporte.
Os equipos teñen ata o 10 de maio para facer as súas propostas, e será a veciñanza a que elixa o lema cunha votación popular desde a web do Concello www.redondela.gal. A votación realizarase do 13 ao 15 de maio. A proposta gañadora será revelada o 17 de maio e plasmarase nun deseño gráfico que vestirá os pavillóns municipais de Redondela e A Marisma.
Dende as concellerías de Igualdade e Deportes de Redondela convidan aos clubs que adestran nos pavillóns municipais a participar nunha campaña de de igualdade no deporte baixo o lema «E ti, por que loitas?». Desde o o goberno local pretenden así “dar voz, espazo e proxección ás inquedanzas das persoas deportistas de Redondela” sinala Iván Valles, concelleiro de Deportes. A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, advirte que o papel da muller no deporte “é unha carreira repleta de obstáculos e inxustizas». Os tempos están a cambiar, «e queremos crear para a nosa cidadanía un espazo no cal poidan expresarse alto e claro”.
A proposta que fan desde o Concello consiste en que cada club ou equipo achegue un lema respondendo á pregunta “E ti, por que loitas?” dentro do contexto da igualdade e a loita contra a violencia machista no deporte. Deste xeito pretenden “xerar a posta en común dos equipos, espertar pensamentos, reflexionar e reforzar aínda máis a conciencia de equipo e a loita colectiva por un obxectivo común”.
Os clubs teñen de prazo ata o 10 de maio para facer as súas propostas, e será a veciñanza a que elixa o lema a través dunha votación popular desde a web do Concello Redondela.gal. A votación realizarase do 13 ao 15 de maio. A proposta gañadora será revelada o 17 de maio, día das Letras Galegas, e plasmarase nun deseño gráfico que vestirá os pavillóns municipais de Redondela e A Marisma.
O concelleiro Iván Valles avanzou que esta campaña levarase tamén a outras instalacións deportivas do municipio, e animan aos clubs e a todos os deportistas a participar “para poñer o foco nas desigualdades que aínda existen e loitar espazos igualitarios e de corresponsabilidade no deporte”.
A campaña está financiada con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Susana Garrido Pombo será a encargada de pechar o ciclo musical “Petiscos en Igualdade” organizado polo Concellería de Igualdade. O seu concerto, incluído na programación co gallo do 8M, tivera que adiarse por mor da chuvia. A actuación será o domingo 21 de abril a partir das 12.00 horas na Alameda Castelao. Su Garrido Pombo é unha cantante e compositora galega cun estilo musical que abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin, entre outros.
Un obradoiro sobre coidado emocional pechará o Ciclo de Saúde Feminina en maio.
O obradoiro “Coidado emocional, desenvolvemento e empoderamento creativo” pechará o ciclo de saúde feminina o 4 de maio. Esta actividade será impartida pola xestora de recursos humanos Reina D’Hoore. O obxectivo deste obradoiro é “reforzar a confianza e autonomía das mulleres”, explica a concelleira Iria Vilaboa. A terapeuta abordará coas participantes a xestión emocional centrando a atención nas emocións e os pensamentos, e explorarán o autocoñecemento, analizando as fortalezas e necesidades individuais de cada unha. Falarase da saúde emocional desde unha perspectiva de xénero “e como os roles e estereotipos inflúen no malestar emocional”. Por último a terapeuta afondará na importancia do “autocoidado e da autoestima”, promovendo estratexias prácticas de valoración persoal e fomentando o apoio mutuo entre as participantes.
O obradoiro, que é de balde, está dirixido a mulleres maiores de 18 anos. Impartirase o sábado 4 de maio de 10.00 a 14.00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Para participar é necesario inscribirse previamente no teléfono 986 40 28 65 ou no enderezo electrónico multiusosredondela@gmail.com.
Subvencións para actividades de promoción da muller e a igualdade para o ano 2022
Recursos ao dispor das vítimas de violencia de xénero
Ficha de inscripción Plan de Conciliación de Verán 2024
- 1
- 2
SERVIZOS E RECURSOS
Grupo de Autoestima:
Obxectivo Crear unha rede de apoio e constituír un grupo de axuda.
Información: Centro de información ás mulleres (CIM).
OPERACIÓN CO-FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA
Programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020
Promover la igualdad, la salud y la inclusión social
O FSE Inviste no teu futuro
Programa Municipal de conciliación:
Obxectivo: Promover a conciliación familiar e laboral das familias do concello de Redondela.
Poboación destinataria familias con menores con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
Información: Centro de información á muller (CIM).
Financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade do Departamento de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Igualdade, segundo o Plan solidariamente Responsables para o ano 2023:
CIM
O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Redondela creouse no ano 2005, a partir do Decreto 182/2004, do 22 de xullo, da Consellaría de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado
É o departamento encargado de proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada ou en grupo o demanden.
O desempeño das funcións propias do CIM está inspirado polos seguintes principios:
- O anonimato na identidade das usuarias, salvo decisión en contrario destas.
- O respecto á vontade das usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.
- A gratuidade de todos os servizos que se prestasen, e todo iso atendendo á vocación de servizo público.
- O respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Redondela, que garantirá a privacidade das comunicacións, salvo vontade en contra das usuarias
O CIM desenvolverá as funcións que a continuación se relacionan:
- Información e asesoramento xurídico.
- Atención psicológica.
- Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
- Difusión e sensibilización cidadá arredor da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
- Funcionamento como canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que tiveran competencias en materia de muller
- Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos desenvolvidos polo Concello de Redondela e o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.
- Realización de conferencias, encontros, xornadas, cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
- Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición, facilitando ou informando sobre o acceso aos recursos existentes na comunidade autónoma e no concello a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que fosen oportunos
- Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente
- Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
- Calquera outra actividade que se axeite ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.
Informa, orienta e asesora en materia de igualdade e da planificación de actuacións que favorezan a participación das mulleres en todos os ámbitos da sociedade a través da atención ao público do CIM, da recepción das mulleres e derivación á psicóloga e á avogada ou calquera outro servizo municipal, da intervención en igualdade, da información en xeral, da xestión de actividades e da tramitación de subvencións
- Servizo psicolóxico.
- Atención e traballo coa persoa usuaria, ofrecéndolle información, intervención e apoio psicolóxico, ademais de dotala de recursos que lle permitan afrontar os conflitos da vida.
- Servizo xurídico.
- Axuda ás mulleres nas súas dúbidas sobre dereito de familia, civil, laboral, administrativo e penal.
- Servizo permanente de atención e orientación ás mulleres.
O Centro de Información ás Mulleres ten un horario de atención presencial ao público de luns a venres de 08.00 a 14.30 horas e atención telefónica de luns a venres de 08.00 a 14.30 horas.
Servizo psicolóxico. Luns a venres en horario de 08.00 a 14.30 horas (Para asistir a este servizo cómpre concertar unha cita previa, agás se o caso require dunha actuación urxente)
Servizo xurídico: Martes, xoves e venres de 08.00 horas a 14.30 horas (para asistir a este servizo, ten que facer unha cita, excepto, se é o caso require unha acción urxente).
Servizo permanente de atención e orientación ás mulleres Préstase de luns a venres de 08.00 a 14.30 horas e atención telefónica de luns a venres de 08.00 a 14.30 horas.
Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero:
- Punto Violeta Entroido de verán 2022.
- Punto Violeta Fiesta pre fin de ano 2022.
- Espectáculo Tabú.
- Punto Violeta Entroido 2023.
- Obradoiro de autocoidados das mulleres, risoterapia e musicoterapia.
- Obradoiro Xeración Violeta.
- Material Punto Violeta.
- Libretiñas.
- Obradoiro Obradoiro Prevención dos Trastornos de Conduta Alimentaria dende unha perspectiva de xénero.
- Punto Violeta Festa do Choco 2023.
- Punto Violeta Festa da Coca por 2023.
- Mural contra a violencia machista
- Atención policial ás vítimas de violencia de xénero.
- Programa "Mulleres en rede".
- Punto Violeta Festa da Coca.
- Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
- Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
- Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
- Punto de lilás entroido de verán.
- Conmemoración do 25 de novembro (Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres)
- Protocolo para a prevención do acoso laboral, sexual e por razón de sexo do Concello de Redondela.
- Campaña Prevención da violencia na mocidade no uso das redes sociais.
- Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
Actuacións con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género.
Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero:
Actuacións financiadas para o ano 2022:
- Programa "Quédome con Simona".
- Plan de sensibilización e formación en corresponsabilidade.
Financiadas pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo Ministerio de Igualdad ao abeiro do Plan Corresponsables para o ano 2022.