Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Pazo Torres Agrelo

O Pazo Torres Agrelo atópase na parroquia de Reboreda, no Camiño Portugués a Santiago, e remóntase ao ano 1750.

Está situado nun xardín de 80.000 m² con multitude de zonas paisaxísticas e especies arbóreas únicas en Galicia. Destacan as súas dúas torres con almenaras, os seus estanques, as fontes e a capela. Foi convento de franciscanos, refuxio na Guerra Civil e hospital na Segunda Guerra Mundial, do que se conservan vestixios nos quilómetros de covas subterráneas que conectan as construcións entre si.

Na actualidade está adicado á celebración de eventos e vodas.

Como chegar

Compartir