Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Plan concellos ano 2023

A Deputación Provincial de Pontevedra, dentro do seu Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2022-2023, acordou concederlle ao Concello de Redondela financiación para:

Liña 2

A Deputación Provincial de Pontevedra acordou concederlle ao Concello de Redondela por Acordo da Xunta de Goberno do 04/03/2022 e por Resolución da Presidencia do 25/02/2022 os seguintes financiamentos por importe acumulado de 81.341,33 € ao abeiro do PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS 2022-2023 – Anualidade 2022) LIÑA 2: Gasto corrente derivado da prestación de servizos municipais:

GASTOS DO SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA, CENSAL INSPECTORA, CATASTRAL E RECAUDADORA
 Expte. 2022008883

60.000,00 €


SERVIZO DE SEGURIDADE PRIVADA NAS OFICINAS DE SERVIZOS SOCIAIS DE REDONDELA E CHAPELA
Expte. 2022008882

21.341,33 €

(Bases reguladoras e convocatoria publicadas no BOPPO núm. 230 do 27 de novembro de 2022)

 

A Deputación Provincial de Pontevedra, dentro do seu PLAN CONCELLOS PARA A ACTIVACIÓN DO EMPREGO 2023, acordou concederlle ao Concello de Redondela financiación para:

Liña 3

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, na súa sesión ordinaria do día 13 de xaneiro de 2023, acordou conceder unha axuda ao Concello de Redondela, por importe de 237.359,40 €, para a realización da actuación denominada “CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS CONCELLO DE REDONDELA 2023” ao abeiro do Programa de activación do emprego da Deputación Provincial de Pontevedra 2023 (Liña 3) para a contratación dos traballadores e categorías laborais que se relacionan na seguinte táboa:

Concello: Redondella
Número de traballadores: 15
Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración:
En xornada completa, durante 6 meses:

  • 1 traballador/a social
  • 3 guía turísticos/as
  • 3 axudantes de servizos actuacións de electricidade
  • 8 peóns de obras e servizos

Importe concedido: 237.359,40 €

(Bases reguladoras e convocatoria do Plan Concellos para a activación do emprego da Deputación Provincial de Pontevedra 2023 (Liña 3) e extracto das mesmas, publicadas no BOPPO núm. 208 do 31.10.2022).

 

 

Compartir