Os viadutos son un símbolo de Redondela.
O viaduto de Ourense, o primeiro que atopa o peregrino que chega polo Camiño Interior, é unha obra cunha lonxitude de 318 metros e unha altitude máxima de 36 metros. Consta de tres partes: a central metálica e as dúas laterais de canteiría. Foi inaugurado o 30 de xullo de 1876.
O viaduto da liña férrea Vigo-Pontevedra, situada sobre o barrrio mariñeiro da Esfarrapada, é a obra máis importante de todo o trazado. Ten vanos metálicos e dez de perpiaño, con lucernarios de 57,70 metros os centrais e 46 metros os laterais.
Foi inaugurado en plena Festa do Corpus do ano 1884.