Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Voamos libres no Piñeiral do Crego coa Biblioteca Xela Arias

ImagenNoDisponible

Este xoves, 30 de xuño, o parque do Piñeiral do Crego encheuse de festa, grazas ao contacontos ofrecido polas Bibliotecas Municipais de Redondela, dentro da celebración municipal polo Día do Orgullo LGTBIQ+

Manuel Solla, de Os Carballiños, achegounos «Voando libres», un contacontos que falaba de tolerancia, de amor, de igualdade e de respecto ao diferente. Un contacontos para eliminar clichés e trabas mentais, para poder voar libres segundo os nosos gustos e as nosas eleccións.

Nel contamos contos sobre tiburóns sen dentes, sobre ras vermellas, e moitas outras cousas máis… e asistimos a momentos de maxia e fantasía.

Agradecemos a Os Carballiños polo seu espectáculo, e ao Concello de Redondela por contar con nós para participar nesta programación. Agradecemos tamén ao programa Ler conta moito o poder contar con esta actividade. Pero sobre todo, o que máis nos enche de ledicia son as familias que se achegan a este parque e que contan coa Biblioteca Xela Arias como o seu espazo para a lectura e para compartir historias e fantasía.

Compartir