Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

«Voando libres» contacontos das bibliotecas municipais dentro da programación do Día LGTBIQ+

ImagenNoDisponible

As bibliotecas municipais de Redondela temos o orgullo de participar nos actos cos que o Concello de Redondela festexa a efeméride do 28 de xuño, o Día LGTBIQ+ 

Así o xoves 30 de xuño, ás 18:00 h., e desde a Biblioteca Xela Arias, temos programado o contacontos «Voando libres», interpretado polo grupo de animación Os Carballiños.
Un contacontos para nenos/as a partir de 4 anos, para o que non será preciso inscribirse. Terá lugar novamente ao aire libre, no Parque do Piñeiral, sempre que o bo tempo nos acompañe.

Esta actividade realízase dentro do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, en cofinanciamento co Concello de Redondela.

Compartir