Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Illa de San Simón

O arquipélago de San Simón está formado por catro illas adicadas a catro santos: San Bartolomeu, San Norberto, San Simón e Santo Antón. Estas dúas últimas son as que acollen as instalacións. A historia da illa é longa.

Na Idade Media asentouse unha comunidade de monxes e foi un dos espazos protagonistas da lírica medieval galega, de tanto esplendor na Europa do seu tempo.

Os ataques dos piratas (sobre todo o realizado por Sir Francis Drake) converteron o espazo en testemuño constante de batallas. En 1702 produciuse a famosa "Batalla de Rande" entre as escuadras anglo-holandesas e a hispano-francesa, con vitoria da primeira.

Máis recententemente, a illa foi lazareto ata que durante a Guerra Civil se converteu nun campo de concentración. Por ela pasaron arredor de 6.000 presos políticos. Na segunda metade do século XX foi un hospicio e un espazo de recreo.

Actualmente a illa rehabilitou as instalacións, que se destinan a actividades socioculturais, dende congresos e conferencias ata escolas de música ou campamentos.

Como chegar

Compartir